"Morgana fíxose realidade. Durante moito tempo andaba voando na rexión inasible do pensamento, das ideas, querendo atopar un burato para manifestarse e saír. Por fin está aquí".
Con estas palabras presentaba Xosé Lois Miguéns o nacemento da revista Morgana en setembro de 1990. O de Vilar de Cordeiro (Valga) creara un medio colaborativo para a expresión e transmisión da cultura da contorna, 'do noso' e contado por nós, na nosa lingua galega.
O 24 de febreiro, venres, Día de Rosalía, xuntarémonos para festexar o regreso de Morgana á casa, ás terras do baixo Ulla, e (re)atoparnos nos logros e nas arelas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario