Grazas. Moitas grazas ás e ós familiares de Celestino Carbia Campaña e de Leoncio Viñas Menéndez, alcalde e concelleiro da corporación municipal democrática usurpada ó pobo de Valga naquel fatídico xullo de 1936, por acompañarnos na xusta e sentida homenaxe celebrada onte, domingo 30 de xullo, ás portas do Concello.
Como símbolo vivo da loita daqueles nosos veciños na defensa das liberdades, da solidariedade e da fraternidade, plantamos un loureiro; proclamando o noso compromiso de non ser cómplices do silencio nin do esquecemento.
Foi difícil viver,
deixar en herdo aos fillos o
silencio,
teimar na desmemoria
cando un remol escuro ouvea no
corazón
e reclama caivancas para poder
arder.
O pasado é unha fraga onde
ecoan os disparos,
un faiado tripado polas ratas,
o aceno lamacento da traizón
nos ollos dun irmán
co que andabas aos xílgaros de
neno
nas fragas onde ecoan os
brados do silencio,
os marmurios do medo,
a voz dos que apodrecen cada
mencer ao sol.
Foi difícil calar, avellentar
como unha muller máis, un home
do común
que ve medrar os netos,
ser dos que non morreron:
un carballo tronzado polo
raio,
seiva que xa enxoitou.
Alguén virá que salve os vosos
nomes?
(Pilar Pallarés)