Era o tempo
dos primeiros bicos
que soñaban
co espacio onde arrolan
abriles de
auga cristalina
e días na
súa intimidade;
era a mirada
ousada da auga
tan alegre
que nos
cubría de olladas cómplices
e de
silencio
como a
necesidade
que sinte a
luz do sol
entre as
pedras,
entre as
árbores,
entre as
mans abertas e as nosas pupilas
amándose sin
descanso.
Todo quedou
gardado en ti,
Marisa,
no teu
secreto cofre irisado,
detrás dese
silencio de vida
que,
forzosamente,
padeces
nunha cama de hospital.
Pero eu sei
que todo sigue aí:
aquelas
palabras
que case
sabían a mel,
aquelas
caricias por todo o meu corpo
que se
sentía rescatado
da
infinitude da desesperanza.
Todo está
dentro de ti,
querida
compañeira,
teimudamente
presente nas agras
desa retina
que fita, sin pestanexar,
a ventana da
leitosa habitación.
Cantas horas
pasamos xuntos
vólvense,
agora, sombras moi pesadas
que castigan
a miña soedade
e queiman o
meu sorriso.
De calquer
xeito,
Esta luz
nunca se apagará.
Ningún comentario:
Publicar un comentario