Grazas!! Foi unha velada gustosa e acolledora.
Insertar en Blog - collage
Aquí deixamos as colaboracións de voces que non puideron estar fisicamente esa noite.
Cidade de luces e nocturna
Aural
Corría con ansias descoñecidas, recorría o
parque, algúns semáforos, paralizaba coches e algún taxi. Levaba pantalóns de
pana con campana, americana de cor gris, adornada co xersei verde azul que
ilustraba cunha camisa desabrochada e os zapatos… espléndidos zapatos cor
castaña que aumentaban o verdadeiro talle dos seus pés. Corría e chegou case
sen alento, observando pola porta de cristal a unha rapaza que se peinaba
mentras un acompañate retiraba as súas maletas. Estaba preciosa, tan preciosa.
Miráronse e sen apresurarse el achegouse xunto a ela. Era nova e decidira
estudar nunha prestixiosa universidade, durante seis meses, lonxe daquela
cidade.
Despois regresaría.
El sorriu con desgana, tras unha breve súplica
de desexo corrompido pregándolle que quedase con el e formalizasen a relación
antes mal consumada. Ela consolouno, prometéndolle que non mudaría de aspecto,
nin de carácter, nin de ollada prematura.
Era unha suave brisa dentro dun mar bravío coroado por
ondas xigantes. Así brillaba Manhattan, cidade de luces e nocturna, que
profería os máis gratos recordos e que arrebataba os mellores amores.
Fiasco
Aural
------
Debería reter na memoria,
unha lista,
como quen garda na retina,
para o resto da vida
os nomes
que precederon
e fixeron historia
sen contala.
Tamén os presentes
que baixo outras impertinencias
sen saber que han ser
serán
espellos retrovisores
noutrora,
cando deveñan novos
-irrecoñecibles-
fracasos da humanidade.
Ubicua Época
Aural
---
Soñan as árbores co respecto
E buscan nas antípodas
a recompensa
Soñan os vellos coa memoria
Na intriga da obsolescencia programada
Soña o mar con facerse de ouro
e que o verán o compadeza
Soñan os bicos coa sal
e os corpos espidos
coa auga
Soña o vento con ser de ferro
E soña o ferro con non ser metal
Soña o nobre sen escravo
e soña o escravo sen nobreza
Soñan os xílgaros co cambio de estilo
E soñan os gatos con saber cociñar
Soñan os heroes coa humanización da
guerra
E soña a guerra con estancarse na
historia
Soña a historia con reinventarse
Soña o rancio con ser novo, outra vez
Soña a fecundidade con estipar ao
estéril
E soña a esterilidade con facerse de
prata
Soña a prata con facerse de ouro
e soña o ouro con ser unha pedra máis
Soña a transición con establecerse
E soña o sino con deixar de correr
Algún día
Nunha nova e ubicua época
Na que todos
Deixan de soñar.
VOU DANZAR ATE QUE CHOVA
(e cando chova, tamén)
Vou danzar nos caminhos de terra,
no lombo do ser amado,
na absoluta felicidade do beijo.
Vou danzar porque me da a gana,
porque mo pide o corpo,
porque quero.
Vou satisfacer as minhas ansias de loucura
danzando
de mans dadas
coa tenrura.
Ate danzarei coas lúas
do meu sol infinito.
D.Lobato
FECHANDO CÍRCULOS
Boqueando malamente saín
de entre as ondas.
O sol queimábame.
Agora
doura
esta antiga pel transparente.
As chuvadas humedecían
o meu longo cabelo pardo,
e eu,
tímida adolescente,
adoecía
no fondo de poemas de amor
cheos de utopías.
Cortei o cabelo,
e fiquei
dourada e liberada.
Asúmome e acéptome.
Non lamento nada.
Tenho novos olhos de auga.
D.Lobato
Son un toxo, sempre o fun,
bicho ruín que non peligra.
Tenho a raiz dura e forte,
claridade e teimosía.
Quen nace no monte
é quen
de vivir coas súas espinhas.
D.Lobato
Só tenho dores no nome
e non gosto de queixarme,
non quero que me confundan
con algún queixoso home.
Melhor é falar con feitos
que o fume lévao o vento.
Son MULHER dende que acordo,
son MULHER o ano enteiro.
D.Lobato
Ningún comentario:
Publicar un comentario